En que consiste
Tes un proxecto? Faino en Santiago
Un programa que nace para coidar dos proxectos pequenos, acompañarte mentres crecen e axudarche a facelos viables sen perder o seu sentido.
Aquí non vas emprender soa. Queremos que te sintas segura, que teñas ferramentas claras, apoio próximo e espazo para tomar decisións co corazón e coa cabeza.
Se tes unha idea ou estás buscando como facela realidade, este é un recurso público do Concello de Santiago pensado para ti. Porque emprender ben tamén é un acto de coidado.
Un programa en tres partes
01
Xornadas presenciais
Tres días intensivos de traballo compartido no Edificio CERSIA Empresa. Un espazo de encontro, formación e inspiración onde activar os teus primeiros pasos.
Charlas con referentes locais, paneis de experiencias, dinámicas grupais, talleres prácticos e presentación das ferramentas metodolóxicas que che acompañarán durante todo o programa.
Un punto de partida para conectar, poñer o foco e comezar a construír o teu proxecto con sentido.
02
Formación en liña
Sesións grupais a través de videoconferencia, pensadas para acompañarte mentres aplicas as ferramentas ao teu proxecto. Aprenderás a organizar, revisar e mellorar o teu modelo de negocio, poñendo o foco no que máis necesitas. Sesións interactivas, prácticas e accesibles, deseñadas para dar continuidade ao aprendido e resolver dúbidas reais no momento preciso.
03
Acompañamento individualizado
Titorías persoais adaptadas ao teu ritmo, momento e tipo de proxecto. Un espazo seguro para afondar nas túas necesidades reais. A través de encontros un a un, recibirás apoio específico, orientación práctica e axuda para tomar decisións con confianza. Un seguimento próximo e personalizado para que poidas avanzar con estrutura, sentido e sostibilidade no tempo.
Organizar, decidir, avanzar.
Con ferramentas pensadas para ti.
Durante este programa municipal, impulsado polo Concello de Santiago, contarás cun conxunto de ferramentas dixitais que che permitirán planificar, estruturar e facer seguimento real do teu proxecto emprendedor.
Estas ferramentas foron deseñadas especificamente por Falar a Mare para acompañar a realidade de pequenas empresas e proxectos que comezan. Non requiren formación técnica, nin licenzas de uso, e poderás empregalas no teu día a día, durante o programa… e moito despois.
Traballaremos con catro bloques estratéxicos clave:
Modelo de negocio con propósito
Estratexia empresarial
Planificación financeira
Comunicación e contidos
O obxectivo é que non te sintas soa na toma de decisións, que poidas anticiparte a problemas e que contes cun sistema que faga máis doado emprender con cabeza, coidado e sostibilidade.
Modelo de negocio
Definir cal será a estructura que dará forma ó teu proxecto, é unha peza imprescindible para a planificación e organización de todo o que conducirá a que o teu negocio sexa viable.
Creamos unha ferramenta que che axuda a deseñar e definir o teu modelo de negocio, para alcanzar unha viabilidade, baseada no triplo balance / económico, social e ambiental /
Está deseñada en diferentes planos, para que poidas trazar un mapa completo que defina a forma, o como e o por que, do teu proxecto. Desde o plano inspiracional centrarémonos na esencia do proxecto: a maneira en que naceu a idea e como queres comunicar, o estilo e todos aqueles aspectos, que constrúen o universo de marca do teu negocio. Un plano funcional, para analizar que produtos ou servizos queres desenvolver, cal é o seu modelo produtivo, como os comercializas e que gastos e ingresos derívanse deles.
Analizar e definir, o noso modelo de negocio, non é un exercicio exclusivo de proxectos que nacen, senón unha práctica, moi recomendable, para calquera empresa que xa estea en marcha e queira analizar a situación actual e trazar retos a futuro. É sempre unha ferramenta, que nos permite obter unha foto global do noso proxecto, a nivel interno e externo, co fin de poñer o foco naqueles aspectos que necesiten atención, detectar novas liñas de negocio, maneiras de traballar e poder así mellorar, día a día, no cumprimento dos nosos obxectivos.
Estratexia empresarial
Con esta ferramenta traballaremos para que cumpras os teus obxectivos. Axudarache a planificar e poñer o foco no que realmente importa, para alcanzar as metas que te propoñas no teu proxecto.
Sabemos o importante que é pensar e planificar o rumbo do noso negocio e que é fundamental coñecer, con claridade, o punto ó que queremos chegar, para que un día, poidámolo alcanzar. Tamén sabemos que, moitas veces, o día a día fai que vaiamos resolvendo as cuestións que se presentan máis urxentes, deixando, para outro momento, o sentarnos a reflexionar sobre o proxecto e analizar a mellor forma de organizalo.
Queremos lograr que deseñar, planificar e executar a estratexia da túa empresa, non se converta nesa tarefa pesada, que sempre deixamos para máis adiante, senón todo o contrario.
Queremos facelo fácil e rápido, para iso deseñamos unha ferramenta que recompila, organiza e relaciona toda a información, relativa á estratexia do teu proxecto. Partiremos dunha análise completa de cada área e departamento do teu modelo de negocio, para formular desde alí as metas concretas que queiras alcanzar. Para que cumpras cos obxectivos e tempos marcados, detallaremos cada acción e planificaremos todalas variables relacionadas co seu cumprimento.
Todo isto farémolo co ollo posto en tres escenarios temporais, tendo en conta o curto prazo, para planificar os próximos 12 meses, o medio prazo, trazando unha estratexia a 3 anos e o longo prazo, para os retos a 5 anos vista.
O documento final que obterás, non só será unha guía dos próximos pasos a dar, senón unha ferramenta de avaliación e mellora continua. Se, como nós, pensas que merece a pena tomar un tempo para planificar o rumbo do teu proxecto, encantaranos axudarche neste camiño.
Financiación
Deseñamos esta ferramenta para facilitarche o control da área financeira do teu proxecto e que poidas obter os informes e datos que necesitas, para que a túa empresa sexa viable economicamente.
Ou es fan dos números, como algún do equipo, ou sabemos que falar de finanzas pode chegar a ser denso e aburrido. Pero, non nos enganemos, é unha área estratéxica fundamental en calquera proxecto e temos que prestarlle a atención que se merece.
Creamos esta ferramenta con dous obxectivos claros:
- Crear un sistema que permita obter unha foto, do estado xeral das finanzas da empresa, mes a mes.
- Implementar unha ferramenta centrada nos produtos ou servizos, que á vez sexa escandallo, calculadora de prezos finais e sirva para controlar as marxes de beneficio.
Estruturamos a ferramenta en 3 apartados diferenciados: Financiamento estimado, financiamento real e folla de produto/servizo.
Nas áreas de financiamento detallaremos e analizaremos todas as partidas relacionadas cos ingresos e gastos, mes a mes, e ó comezo do emprendemento. Para que sempre teñas un mellor control, segmentamos os gastos segundo a área ou departamento de orixe e deseñamos un apartado específico para os gastos sociais. Para que un proxecto sexa sostible a longo prazo, temos que ter en conta todos os gastos e partidas implicadas, incluso os que hoxe en día non podamos realizar, xa que se non contamos con eles, nunca chegaremos a cubrilos.
A folla de produto é a ferramenta eterna, nós xa non sabemos vivir sen ela, que o seu nome non te engane, poderás utilizala tanto con produtos como con servizos. Ademais de servir de arquivo e cálculo de custos, serache moi útil para determinar cal é a política de prezos máis apropiada, segundo a túa estratexia de negocio. Cremos que che encantará.
Toma o control
Necesitamos coñecer onde e cando a nosa empresa gaña, gasta e perde diñeiro, é clave para poder anticiparnos e actuar. Non estamos a falar da xestión financeira e fiscal (non poderiamos vivir sen a nosa xestoría) senón de que tomes o control dos números do teu negocio, porque coñecer é poder.
Comunicación
Por moi marabilloso que sexa o noso proxecto, non chegará lonxe se non sabemos comunicalo. Deseñamos esta ferramenta, coñecendo de primeira man as dificultades que temos as pequenas empresas para alimentar e xestionar a nosa comunicación.
Un problema recorrente, que atopamos en proxectos cos que traballamos, é que, a pesar de ter moito que contar, non saben de que falar, vaia paradoxo.
Vivimos nunha época na que, as que estamos á fronte dun negocio, vémonos obrigadas a alimentar, continuamente, diferentes “monstruiños” da comunicación, para contactar co noso público. Moitas veces, isto róubanos un tempo que non temos. Se ademais,nos falta planificación, acabamos como polo sen cabeza emitindo mensaxes, que non están á altura do tipo de comunicación que necesita e merece o noso proxecto.
Despois de tanto traballo, imos deixar que o noso negocio non funcione por non saber como contalo!!!
Con todo isto sobre a mesa, decidímonos a buscar solucións. No camiño atopamos diferentes aplicacións e ferramentas, que son moi valiosas á hora de programar e automatizar publicacións. Tamén marabillosas axencias de márketing, que nos axudan co SEM, o SEO, a análise da competencia e o deseño de estratexias e plans, todo iso é fundamental para as nosas marcas e proxectos, pero seguiamos tendo o problema da xestión e planificación do día a día.
Necesitabamos solucións moito máis concretas e prácticas, necesitabamos unha ferramenta que nos dixese que publicar cada día e que ademais, nos axudara na xeración de contidos. Todo iso, por suposto, directamente relacionado coa nosa singularidade, estratexia empresarial e universo de marca.
Despois de meses de desenvolvemento, de proba e erro, temos listas as ferramentas que soñabamos, para axudarnos a xestionar a comunicación dos proxectos . Estamos moi orgullosas dela e de toda a axuda que proporciona a diferentes proxectos, non só dinamizando a comunicación, senón que tamén nos libera desa sensación de non poder cás redes sociais.
Traballaremos esta área estratéxica con varias ferramentas e crearemos a partir delas unha estrutura que che axude a:
- Crear un calendario que reflicta os fluxos de traballo do negocio e outros momentos destacados da estratexia empresarial.
- Crear axendas dixitais específicas para cada unha das canles de comunicación.
- Relacionar o calendario global cás nosas axendas base de comunicación: redes, blogue e newsletter.
- Xerar e organizar contidos, a través dunha ferramenta específica da que se nutrirán as tres axendas base.
Sustentabilidade
A sustentabilidade non é unha ferramenta: é o lugar desde o que pensamos, deseñamos e acompañamos..
Cando falamos de emprender con propósito, non nos referimos só a reducir residuos ou usar materiais sostibles. Referímonos a construír modelos de negocio que teñan sentido, que coiden do territorio, das persoas que os impulsan e das comunidades que os rodean.
Este programa, que desenvolvemos para o Concello de Santiago dentro da estratexia Feito en Santiago, parte da nosa convicción de que outra economía é posible: unha economía que valore o coidado, que poña no centro a vida, que repense os tempos, os recursos e os impactos.
Falamos de economía social, circular, feminista, colaborativa e rexenerativa. De pequenas empresas que queren ser sostibles non só ambientalmente, senón tamén economicamente viables e socialmente útiles.
Por iso, a sustentabilidade está en todas as fases do programa, nas decisións que acompañamos, nas ferramentas que che entregamos e nos espazos que facilitamos para reflexionar, decidir e conectar.
Non é un tema máis. É o marco que atravesa todo. Porque se queremos que os proxectos medren, temos que pensar tamén en como sosternos mentres os facemos medrar.