
Tes un proxecto?
Faino en Santiago
Programa de axuda ao emprendemento e revitalización da pequena empresa.
Se estás a darlle voltas a unha idea ou xa tes un proxecto en marcha, este programa é para ti.
Aprenderás a organizar, planificar e tomar decisións estratéxicas, integrando a sustentabilidade no día a día do teu negocio.
Traballaremos sobre catro áreas clave: modelo de negocio, estratexia, finanzas e comunicación… e farémolo acompañándote paso a paso.
Se queres emprender con sentido, co apoio dun equipo próximo e ferramentas reais ao servizo do teu proxecto, este é o momento.
Onde
As xornadas presenciais terán lugar no
Edificio CERSIA Empresa
Rúa do Alcalde Raimundo López Pol,
15707 Santiago de Compostela,
A Coruña
Cando
Entre o 09 de xullo e o 30 de outubro de 2025.
Evento presencial
9, 10 e 11 de xullo en Santiago de Compostela
Tres días intensivos para activar o teu proxecto: obradoiros prácticos, paneis de experiencias, dinámicas grupais e entrega das ferramentas de traballo.
Formación en liña e acompañamento individualizado
Do 12 de xullo ao 30 de outubro
Sesións grupais online e titorías personalizadas para acompañarte no deseño, planificación e consolidación do teu proxecto paso a paso.
Axenda
Todos os detalles sobre datas e horarios
09.00h Recepción de participantes.
09.15h Presentación da iniciativa.
09.30h Panel institucional: «Situación, retos e oportunidades do emprendemento en Compostela».
10.30h. Panel de experiencias emprendedoras.
11.30h Pausa café + networking activo.
12.00h Presentación dos proxectos dos participantes.
13.15h Obradoiro As áreas estratéxicas na pequena empresa.
14.45h Presentación das tarefas para a xornada seguinte.
15.00h Fin da xornada.
09.00h Obradoiro : Empresa sostible, RSC e novas economías.
09.45h Debate: Por que e como incorporar estas dimensións?
10.15h. Obradoiro práctico: Deseñando o noso modelo de negocio.
11.45h Pausa café + networking activo.
12.15h Panel: Mapa de recursos e apoios ao emprendemento.
13.15h Obradoiro: Estratexia Empresarial.
14.45h Presentación das tarefas para a xornada seguinte.
15.00h Fin da xornada.
09.00h Obradoiro: Plan finaciero e xestión de recursos humanos na empresa.
11.45h Pausa café.
12.15h Obradoiro Estratexia de comunicación e márketing..
14.45h Resolución de dúbidas.
15.00h Clausura do evento.
Sesións en liña os días: 15, 22 e 29 de xullo, 5 de agosto e 16 de setembro.
As sesións celebraranse entre as 10:00 e as 13:00h e quedarán gravadas para que poidas velas cando o precises.
Do 12 de xullo ao 30 de outubro estaremos dispoñibles de luns a venres para ofrecer acompañamento e resolver dúbidas.
A través de diferentes canles de comunicación, acompañaremos o avance dos proxectos.
O programa inclúe unha bolsa de 60 horas de acompañamento individualizado a repartir entre as participantes.
Actividade gratuíta do Concello de Santiago de Compostela




Compostela aposta por ti.
Se queres construír unha empresa con valores, este programa está feito para ti. Financiado polo Concello de Santiago, 100% gratuíto.
Coidamos a túa idea, acompañámoste no proceso, e poñemos recursos reais ao teu servizo.
anota a data e reserva o teu asento