estás a pensar en emprender?
tes un proxecto en marcha?
queremos axudarche

Faino en Santiago é un programa municipal de apoio ao emprendemento sostible.
Forma parte da estratexia Feito en Santiago, impulsada polo Concello de Santiago para construír unha economía máis próxima, xusta e con futuro.
Queremos apoiar proxectos que integren o triplo balance —económico, social e ambiental— e que teñan impacto real na cidade e na vida das persoas. Apostamos por unha nova xeración de pequenas empresas, con propósito e sentido, conectadas cos barrios e cos retos do seu tempo.
Sabemos que emprender non é doado. Por iso, neste programa acompañámoste paso a paso, con ferramentas prácticas, formación adaptada e seguimento individual.
Porque ter unha boa idea é importante, pero contar cun apoio que che axude a facela realidade, marca a diferenza.
TRES XORNADAS PRESENCIAIS + FORMACIÓN EN LIÑA + ACOMPAÑAMENTO INDIVIDUAL
Un programa deseñado para axudarche a facer rodar o teu negocio.
Pon en marcha o teu proxecto
O momento de emprender é complicado e emocionante, a partes iguais, tanto se queres lanzar un proxecto de cero, coma se queres poñerte á fronte dun negocio, que xa existe (ou simplemente “reorganizalo”) necesitas ordenar ideas e establecer métodos de traballo e de xestión empresarial.
Sabemos que son moitas cousas e non queremos que se che pase nada, por iso, para axudarche, deseñamos este programa.
Non só aprenderás como poñer en marcha o teu proxecto, senón que te levarás ferramentas prácticas, que che axudarán a xestionar a túa idea como empresa, no momento de lanzala ao mercado e no futuro no día a día.
Faino de forma sostible
A crise ecolóxica é unha realidade incuestionable e os pequenos proxectos temos moito que dicir respecto diso.
O modelo tradicional de crecemento ilimitado está esgotado e, dende Compostela, queremos demostrar que as novas economías —circular, social, feminista ou rexenerativa— tamén son cousa de microempresas con propósito.
A través do programa municipal “Tes un proxecto? Faino en Santiago”, aprenderás a integrar a sustentabilidade no corazón do teu modelo de negocio, deseñando proxectos con impacto real e conexión co territorio.
Axudámosche a construír unha empresa viable e consciente, con ferramentas prácticas para avaliar decisións, planificar a longo prazo e coidar da túa contorna, das persoas e de ti mesma.
Consegue que dure no tempo
Cada día atopámonos problemas parecidos en diferentes proxectos e case todos veñen do mesmo lugar «Pequenos negocios con poucos recursos e moito por facer».
As pequenas empresas, se queremos permanecer no mercado, vémonos obrigadas a traballar coma se contásemos con departamentos especializados e a realidade é que, moitas veces, somos só unha ou dúas persoas as que estamos detrás dos proxectos.
Con este programa conseguirás ferramentas e coñecementos, que che axuden a atender as necesidades do día a día do teu negocio, de maneira efectiva e sen morrer no intento.
/ sos /
áreas estratéxicas
Axudámosche a poñer o foco no importante
A través deste programa aprenderás a definir e organizar, de maneira MOI práctica, catro patas fundamentais en calquera empresa :«Modelo de Negocio, Estratexia empresarial, Finanzas e Comunicación».
O día a día, de quen está detrás dun pequeno negocio ou proxecto, transcorre, a miúdo, atendendo diferentes frontes. Dependendo da que nos dediquemos, as frontes serán uns ou outros, pero o que atopamos de forma común, é pouco tempo para atender elementos basee da organización empresarial.
Sabemos que se estas catro áreas están mal xestionadas, o negocio reséntese, a organización da nosa empresa é un peza crave para que o noso proxecto sexa estable e viable. Seguramente ti tamén o sabes, pero a realidade é que, moitas veces, o tempo é o que é, e a vida non dá para máis, pero eramos moitas persoas tropezando na mesma pedra, para non pararnos a pensar como movela, únete a este programa e descobre como o logramos.
Modelo de negocio
A pedra angular de calquera emprendemento, definir en que consiste o teu negocio.
Axudámosche a debuxar o mapa que dará forma á túa empresa e a responder as preguntas base de calquera emprendemento, para que deseñes a empresa que queres ser e o fagas buscando o balance económico, social e ambiental.
Estratexia empresarial
A carta de navegación do teu proxecto, a estrutura sobre a que marcar obxectivos e definir o plan de acción de cada departamento.
Axudámosche a trazar a estratexia do teu negocio a curto, medio e longo prazo para que, sempre que o necesites, poidas volver poñer o foco nas túas metas e propósitos.
Financiación
Planificar e coñecer o estado das túas finanzas é fundamental para a saúde do teu proxecto.
Necesitas coñecer onde e cando a túa empresa gasta, gana e perde diñeiro.
Axudámosche a deseñar o teu plan financeiro, un elemento crave para a toma de decisións e o control da túa empresa.
Comunicación
A cuarta pata, imprescindible ,de calquera empresa «contalo». Como, cando e a quen, son só algunhas das preguntas que che axudaremos a resolver.
Por moi marabilloso que sexa o noso proxecto, non chegará lonxe se non sabemos comunicalo, queremos axudarche porque coñecemos de primeira man as dificultades que temos as empresas para alimentar e xestionar a nosa comunicación.
canto costa
Tes un proxecto?
Faino en santiago
Este programa está financiado integramente con fondos públicos do Concello de Santiago, polo que é completamente gratuíto para as persoas participantes.
Sabemos que acceder a formación e acompañamento especializado supón un custo que moitas veces non é asumible en fases iniciais do emprendemento. Pero que non o poidamos pagar, non significa que non o precisemos.
Este recurso existe para apoiar proxectos locais con potencial de impacto positivo, e queremos que o aproveites ao máximo. A túa participación é unha oportunidade real de profesionalizar o teu modelo de negocio e de contribuír a unha economía máis sostible, humana e arraigada no territorio.
Este programa forma parte do compromiso do Concello de Santiago co emprendemento con propósito. Unha aposta pola cidade, polas persoas e por un modelo económico con futuro.